Friday 17 de May de 2024

Un total de 45 centros impartirán o próximo curso o bacharelato de excelencia en ciencias e tecnoloxía (STEMBach)


— Este programa educativo inclúe a realización dun proxecto de investigación con posterior defensa pública, unha materia extracurricular semanal e actividades complementarias de formación

— A iniciativa está enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2030, que contén accións enfocadas ao desenvolvemento de competencias STEM e para o fomento de vocacións científico-tecnolóxicas

— Os institutos de Brión e Afonso X O Sabio de Cambre incorpóranse por primeira vez a este programa que se implantou como iniciativa novidosa en Galicia no curso 2018/19

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2021.- Un total de 45 centros educativos de toda Galicia impartirán o vindeiro curso o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), unha acción enmarcada na Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2030, que ten entre o seus obxectivos promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria é tendo en conta a perspectiva de xénero.

Tal e como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, os institutos de Brión e Afonso X O Sabio de Cambre incorpóranse por primeira vez a esta iniciativa, mentres que os 43 centros restantes danlle continuidade a este programa iniciado en cursos anteriores.

O STEMBach, que inclúe o desenvolvemento dun proxecto de investigación, contribúe a afondar no traballo das competencias matemática e básica en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e os procedementos da investigación e do método científico, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico. Facilita tamén a adquisición de competencias transversais, como a creatividade, o sentido da iniciativa e o emprendemento, a resolución de problemas, o traballo en equipo, o pensamento crítico e a cidadanía global; así como a mellora das destrezas comunicativas e expresivas, con énfase na comunicación e divulgación científica, nas competencias dixitais e na incorporación da intelixencia artificial.

A Xunta de Galicia implantou esta iniciativa por primeira vez no curso 2018/19 como experiencia piloto, que se foi consolidando ata chegar aos 726 alumnos matriculados o curso pasado (case un 56% mulleres).

Proxecto de investigación
O STEMbach ten unha duración de dous cursos académicos e pode incorporarse a el o alumnado de calquera das modalidades de Bacharelato. Os participantes desenvolverán un proxecto de investigación, no segundo curso do Bacharelato, relacionado con calquera ámbito de coñecemento das materias cursadas na etapa, que estará co-dirixido por un docente pertencente a un departamento universitario ou entidade de investigación de Galicia e do que o alumno realizará unha defensa do traballo en sesión pública.

Así mesmo, estes estudantes cursarán unha materia de afondamento relacionada co ámbito STEM (ciencias, tecnoloxía, enxeñaría ou matemáticas) extracurricular, en 1º e 2º de Bacharelato, que poderá basearse nalgunha das materias relacionadas con este ámbito ou ter un enfoque interdisciplinar, con orientación ao traballo na mellora das competencias comunicativas e dixitais, e que terá unha carga lectiva semanal de dúas ou tres horas fóra do horario ordinario do alumnado.

Xunto a investigadores recoñecidos
A maiores, este alumnado realizará actividades complementarias de formación, organizadas polo centro en colaboración con universidades, entidades ou organismos investigadores, ou persoas investigadoras de recoñecida competencia, como conferencias, obradoiros ou proxectos.

Ao remate dos dous anos do proxecto, e logo da avaliación positiva tanto da materia de afondamento STEM extracurricular como da defensa do proxecto de investigación, os alumnos recibirán unha credencial da dirección do centro de que realizou os estudos correspondentes a este programa, que tamén se fará constar no seu historial académico.

Relación de centros educativas no Stembach:
CPR Plurilingüe Compañía de María A Coruña
CPR Plurilingüe Liceo La Paz A Coruña
CPR Plurilingüe La Grande Obra de Atocha A Coruña
IES Salvador de Madariaga A Coruña
IES Plurilingüe Eusebio da Guarda A Coruña
IES Agra do Orzán A Coruña
CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen Betanzos
IES Brión Brión
IES Afonso X O Sabio Cambre
IES David Buján Cambre
CPR Plurilingüe Rías Altas Culleredo
CPR Tirso de Molina Ferrol
IES Sofía Casanova Ferrol
IES Concepción Arenal Ferrol
IES María Casares Oleiros
IES Miraflores Oleiros
IES de Ortigueira Ortigueira
IES Lamas de Abade Santiago de Compostela
IES Arcebispo Xelmírez II Santiago de Compostela
CPR Plurilingüe Compañía de María Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro Santiago de Compostela
IES Lucus Augusti Lugo
IES Nosa Sra. Dos Ollos Grandes Lugo
IES Francisco Daviña Rey Monforte de Lemos
CPR Plurilingüe Santa María Ourense
IES Eduardo Blanco Amor Ourense
IES Ramón Otero Pedrayo Ourense
IES As Lagoas Ourense
IES Ramón Cabanillas Cambados
IES María Soliño Cangas
IES Ramón Mª Aller Ulloa Lalín
IES Plurilingüe A Paralaia Moaña
CPR Santiago Apóstol Soutomaior
IES San Paio Tui
CPR Plurilingüe Compañía de María Vigo
CPR Plurilingüe Miralba Vigo
IES Laxeiro Lalín
IES Val Miñor Nigrán
IES Plurilingüe Aquis Celenis Caldas de Reis
IES A Xunqueira II Pontevedra
IES República Oriental de Uruguay Vigo
IES As Barxas Moaña
IES Johan Carballeira Bueu
IES de Valga Valga
IES Valadares Vigo